Aroma dun viño.
Etimoloxía
Esta forma adaptámola a partir do francés bouquet ‘aroma’.
Exemplos *
“-O señor ha de catar comigo un copiño de Madeira -propuxo o arquiveiro-. Por certo, o seu buqué é exquisito, delicado...” (Xesús Rábade Paredes: A palabra secreta)
“Conservado en tonel durante un ou dous anos, o viño branco perde o sabor da uva para adquirir un buqué diferente ...” (Antonio Novo Salgado: A barra por dentro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.