buraz

Ollomol pequeno

Etimoloxía

Voz probablemente relacionada con gorar ‘comer avidamente’.

Exemplos *

“E cando non era o agro era o mar. Ía con seu pai, na dorna, remando e pescando, botándolle o anzol á sardiña e ó buraz. E de volta, a nai que sae coa cesta patela sobre da cabeza levando aquela cativa anada mariña, camiñando e camiñando, o pescozo teso, pregoando a súa mercadoría ata enrouquecer, polas portas de Carreira, Aguiño, Castiñeiras...” (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México, 1980)

“Na caldeirada de abordo cabía de todo: sardiñas, buraces, raias, pescadillas, fanecas. O rapaz prendía o lume no panel de proa, sobre a lareira, pedra plana que facía de fogón.” (Gonzalo Allegue Otero: Galicia: o oficio de vivir, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.