Parte ou barrio dunha poboación situado fóra do seu recinto.
Etimoloxía
Vén dunha forma xermánica burgs 'cidade pequena', que nos chegou a través do latín.
Exemplos *
"O vello vivía nas aforas da cidade, no que a xente fina dá en chamar 'burgos'." (Xavier Manteiga: Morrer na herba)
"Nos barrios populares, beiras do río, no burgo, e mesmo no mísero barrio extramuros no que as choupanas dos moinantes e dos parias apenas resisten a crueza dos invernos, desbordouse a alegría." (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.