Acción, xesto ou palabras con que se ridiculiza unha persoa ou cousa
Etimoloxía
Vocábulo de orixe controvertida, xógase coa hipótese que proveña de *burrula desde burrae ‘necidade’.
Exemplos *
“Se demostraba que tiña medo, máis tarde tería que aturar as burlas dos outros nenos da aldea.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)
“Disfraces, tradicións, burlas e máscaras non poden faltar no Entroido.” (Xosé Ramón López Boullón: Galicia Hoxe, 2-3-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.