Que adoita facer burla
Etimoloxía
Voz que deriva por sufixación de “burla”, á súa vez, crese que chega desde o latín *burrula de burrae, -arum, ‘bagatelas’.
Exemplos *
“Nalgún lugar o camiño metíase nas estribacións da fraga, e os trasniños, burleiros, facíanlles das súas en canto se despistaban.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)
“Pero hoxe, vendo á probe da miña compañeira suando no encerado, avermellada coma un tomate, sen dar pé con bóla, cando notei as risiñas burleiras dos rapaces deume unha carraxe que, se tivese unha metralladora, acababa con todos.” (Miguel Vázquez Freire: Anxos en tempos de chuvia, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.