burro, -a

Mamífero da familia dos équidos parecido ao cabalo, pero máis pequeno e coas orellas máis grandes, que se domestica facilmente e se utiliza desde antigo como animal de carga ou de tiro

Etimoloxía

Derivado regresivo que nos remite ao diminutivo latino bur(r)ìc(h)us ‘cabalo pequeno’.

Exemplos *

“Por algún tempo o noso cabalo, xa liberado de tentacións eróticas, sentiuse un Babieca campando entre os burros de Eiras. Teño que aclarar que neste lugar tamén había o brioso corcel de don Xustino, señor de casa brasonada .” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)

“Segundo os nosos informantes eran unhas xentes estrañas que chegaban aos portos de mar cos seus criados e varios burros cargados de viños, augardentes, teas e aparellos" moi grandes", pero con pouco diñeiro.” (Francisco Calo Lourido: Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.