butaca

Asento brando, con brazos e respaldo, para unha soa persoa.

Etimoloxía

Chega desde o termo putaka 'asento' procedente dunha lingua empregada do caribe venezolano.

Exemplos *

"Mamá lía o xornal na butaca, probabelmente as crónicas de sucesos, ultimamente déralle por esas." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

"Localizou a porta de chegada de viaxeiros e sentou nunha butaca situada xusto fronte a ese punto." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.