buxaina

Xoguete que consiste nunha peza de madeira de forma cónica, rematada nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar por medio dun cordel.

Etimoloxía

Formouse a partir do substantivo ‘buxo’ (nome dun arbusto), que provén do latín buxus.

Exemplos *

“Eran coma a buxaina que xira e vai facendo na terra o buraco onde virá morrer.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)

"Noutro peto apareceran dúas follas secas, unha de carballo e outra de nogueira, unha buxaina coa parte superior pintada dun vermello incompleto polos chouchazos, un pano do nariz e un globo do Día do Domund." (Santiago Jaureguízar: Comendo espaguetis diante da televisión)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.