Aparello para acender mediante chispas o combustible nos motores de explosión.
Etimoloxía
O nome procede do dunha cidade de Alxeria, de onde se importaba a cera para fabricar unha candea da que logo tomou o nome esa peza.
Exemplos *
"O 205 branco non o pode crer. Nota un baleiro nas súas tripas de pistón, graxas, aceiro, buxías e demais, e aínda por riba estano a bater." (Manuel Seixas: A velocidade do frío)
"Damián botáralle a culpa aos platinos e puxérallos novos, mais o aparello seguía sen funcionar. A bobina seica estaba ben e as buxías eran novas." (Xavier Manteiga: Morrer na herba)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.