buxo

Arbusto da familia das buxáceas (Buxus sempervivens), de follas perennes, pequenas e brillantes, e de madeira moi dura que se emprega para facer culleres, cuncas, gaitas etc.

Etimoloxía

Vén do latín buxus, -i.

Exemplos *

"A miña avoa, xa cho contei, non se semellaba en nada á súa nai, disque saíra á raza do señor de Mezur e por iso era forte coma un buxo …" (Marica Campo: Memoria para Xoana)

"… xa Amaro comezaba a crer que aquela boneca que durante anos limpara e coidara non era boneca de cerámica nin de louza senón dalgunha árbore máxica como buxo ou bidueiro …" (Emma Pedreira: Bestiario de silencios)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.