cabaleiro

Membro da cabalaría medieval

Etimoloxía

Palabra que procede da latina tardía caballarius, ‘escudeiro, palafreneiro’

Exemplos *

“Afonso Henriques, ordenado cabaleiro na catedral de Zamora (1127), alzaríase ó ano seguinte contra a súa nai, viúva Tareixa, poñéndolle cerco ó seu castelo.” (Antón Pombo: O Correo Galego, 19-11-2000)

“Mais este xove doncel, ao contrario que o lendario cabaleiro, sabía que nunca daría acadado o cáliz.” (L.C. Carballal: Historias non irreais/ A rapaza de ningures, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.