cabalgata

Conxunto de xinetes e carruaxes que pasan desfilando con motivo dalgunha festa.

Etimoloxía

Procede do italiano cavalcata, que nos levaría ata o latín vulgar cabalicare 'cabalgar'.

Exemplos *

"Os nenos, temerosos nas súas pequenas ambicións, parecían demasiado ocupados repasando todo o que lles pediran e os descontos por broncas cos pais, para perguntarlles se eran os mesmos que acababan de ver na cabalgata, os que viran en cada un dos tres centros comerciais ou os das axencias de mensaxeiros." (Luísa Villalta: A Nosa Terra 2003-01-16)

"… todos coma nenos na cabalgata dos Reis Magos, que veñen Melchor, Gaspar, Baltasar e mailo Presidente con regalos …" (Emilio Valadé del Río: Pleno ordinario (Súas señorías e a leria das autovías))

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.