cabaliños

Atracción consistente nunha plataforma xiratoria, xeralmente circular, na que están instaladas figuras de cabalos ou outros animais, coches, barcos etc. onde sentan os nenos

Etimoloxía

Voz que procede da latina caballus ‘cabalo de traballo’.

Exemplos *

“...o corazón queda un chisquiño baleiro ó rematar as festas, dende que era unha meniña que subía ós cabaliños ata hoxe, xa que sigo a sentir o arrecendo a San Froilán unha semana antes de que se inicie propiamente a festa e que non consigo atopar noutras festas de dentro ou fóra das nosas fronteiras.” (Ruth Fernández: O Correo Galego, 26-10-2001)

“Neses afastados e entrañables tempos dos nosos avós tamén acudían de todas as partes centos de almas para voar nas cadeas, dar voltas nos artesanais cabaliños e noras, bambearse nas barcas, (...) e mercar nos postos das rosquilleiras garapiñadas e ricas rosquillas de Ribadavia.” (Inés Ruiz Correa: Galicia Hoxe, 27-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.