cabalo do demo

Insecto da suborde dos anisópteros coa cabeza e o tórax unidos ollos moi desenvolvidos abdome longo e fino e dous pares de ás que vive preto da auga e do que existen varias especies

Etimoloxía

Frase formada polo termo “cabalo” que vén do equivalente latino caballus ‘cabalo castrado’ e un modificador preposicional coa palabra “demo” que bebe do latín daemon que, á súa vez, remite ao grego daímon ‘divindade’.

Exemplos *

“Os cabalos do demo eran os seus vasalos, eran o seu exército, que polo visto tódalas bruxas teñen animais ó seu servicio, que é un don que lles concede o Maligno antes de botalas a facer mal polo mundo.” (Isidro Novo: Airadas de palabras/ Cabalos do demo, 1998)

“Por alí hai unha campía e boa sombra de salgueiros á beira do río, con cabalos do demo e iso todo.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.