cabalo

Mamífero perisodáctilo da familia dos équidos, de orellas pequenas e de longa crina no pescozo e no rabo, que se utiliza fundamentalmente como montura

Etimoloxía

Termo recollido do latín caballus que en Roma designaba ao ‘cabalo de carga ou de traballo’ fronte a equus ‘cabalo’.

Exemplos *

“Chamei polo cabalo coa intención de agarrarme a el , pero a miña gorxa era incapaz de emitir ningún son.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“Non se apagaran os vítores cando polo camiño do castro e das torres sentimos o trote apurado duns cabalos.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.