Froito da cabaza, de tamaño e cor variables, que se utiliza para a alimentación humana e animal
Etimoloxía
Dise que pode ter unha orixe prerromana.
Exemplos *
“Dá gusto mirar a horta do señor Luís e todo o que alí hai: leitugas, tomates, cebolas, allos, tirabeques, chícharos, cabazas... E así ata o infinito.” (Manuel Darriba: Brais e os demais, 2010)
“Non se vían cogomelos, cando puidemos comprobar despois que as fragas estaban inzadas deles. Mais tampouco había verduras salvo un par de mancheas de grelos. Nin cenouras, nin cabazas, ou marmeladas. A Feira de Monterroso debería ser un escaparate da calidade dos nosos produtos.” (Xosé Gago: Galicia Hoxe, 21-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.