cabeceira

Parte superior da primeira páxina dun xornal, onde aparece o nome da publicación

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “cabeza” que procede do equivalente do latín vulgar *capitia do mesmo significado.

Exemplos *

“Isto último resulta, evidentemente, un motivo de orgullo para a cabeceira do xornal e para o proxecto, pero hai algo do que me sinto especialmente satisfeito agora que xa vén de concluír este proxecto e é o feito de que máis da metade dos artistas participantes son de fóra de Galiza.” (Xosé M. Buxán Bran: A Nosa Terra, 22-2-2007)

“...escollido como "Galego do Ano", nun galardón promovido por unha coñecida cabeceira xornalística compostelá, volve pór en evidencia como a clase dominante acaba tamén por monopolizar os grandes recoñecementos públicos. ” (Xabier P. Igrexas: Sermos Galiza, 30-10-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.