Conxunto de cabelos da cabeza das persoas
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “cabelo” que vén do latín capillus de significado semellante.
Exemplos *
“Era fermosa. Unha muller baixa, de pel morena e longa cabeleira negra. Pediume que non tivese medo, que eles me habían protexer, e ao momento comprendín. Elisa.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
“No xantar provoquei unha discusión co vello acerca das cabeleiras dos Beatles que tan grande escándalo traían ao mundo –e moitísimos piollos habían de traer, na opinión de don Manuel.” (Xavier Alcalá: A nosa cinza, 1980)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.