cabelo

Cada un dos pelos que cobren a parte superior e posterior da cabeza dunha persoa / Conxunto dos cabelos

Etimoloxía

Termo que nos chega desde o latino capillus ‘cabelo’.

Exemplos *

“É unha muller nova, o cabelo recollido nunha coleta, cun vestido de verán, vermello, de tirantes, os ombros descubertos.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

“Peiteoulle cunha man áspera os cabelos escasos e volveu reparar naquelas olleiras pronunciadas, no esqueleto ensamblado a base de estacas, na ilusión que a aferraba á vida.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.