cabezolo

Larva dos anfibios anuros, de corpo groso e cola longa

Etimoloxía

Termo que se forma mediante derivación apreciativa que toma como base de derivación “cabeza” que vén do latín vulgar capitia de significado semellante.

Exemplos *

“A lanterna de proxección, tamén chamada lanterna máxica, permitía proxectar diversos fenómenos das ciencias naturais (...). A súa utilización co microscopio solar posibilitaba que se observaran na clase fenómenos coma a circulación do sangue na cola dos cabezolos ou na lingua dunha ra, a cristalización das sales ou a visión dos seres microscópicos que existen na auga ou no vinagre.” (Rafael C. Sisto Edreira: Historia da física na Universidade de Santiago de Compostela / Apéndice, 2009)

“Fóra seguía a chover, agora xa a cachón, e o noso amigo comprendeu que, despois do retraso, xa non lle quererían empresta-lo paraugas, que había chegar á casa cos pés mollados polo que pasaría a noite co nariz pingón e os ollos chorosos e, por causa de todo iso, soamente podería debuxar soños húmidos, soños con ríos e lagoas, con ras e cabezolos...” (Paco Martín: Das cousas de Ramón Lamote, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.