Persoa disfrazada cunha cabeza grande de cartón, que desfila en comparsas nalgunhas festas populares
Etimoloxía
Palabra derivada que toma como base “cabeza” que vén do latín vulgar capitia de significado semellante.
Exemplos *
“Non señor, era todo moito máis modesto pero a xente, segundo conta, divertíase o mesmo ou máis. Tamén vían o desfile de xigantes e cabezudos e, sobre todo, os paseos en calesa, tócalle as cunchas, de Elvira a Jaineta e Peregrina a Vellica, aderezadas coas súas mellores pezas e vestidas con mantilla.” (Inés Ruíz Correa: Galicia Hoxe, 27-11-2010)
“Se vises que feita e igualiña segue á do meu recordo a estación branca de Albareda. Cos seus plátanos, maceiras e acacias. Árbores baixas, gordechas, de ramallada curta e ben podada: cabezudos das festas con festeiro pelo verde.” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.