Cerimonia que se celebra no aniversario da morte dunha persoa.
Etimoloxía
Esta palabra composta resultou de soldárense os elementos da expresión "cabo de ano".
Exemplos *
"… desde a morte dos pais só apareceu por aquí para asistir a algún cabodano." (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36)
"… o sábado é o cabodano de Alfredo (aínda que seguramente ti non o lembras, a misa do primeiro cabodano é máis importante que o funeral) …" (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.