cabra

Animal mamífero da familia dos bóvidos, de pelo curto e áspero, cornos curvos cara a atrás e rabo moi curto, capaz de gabear por sitios abruptos

Etimoloxía

A palabra procede do termo latino capra de significado semellante.

Exemplos *

“Ese po botábano nun pouco de leite da cabra rebaixado con auga, e dábanllo a beber a Adelaidiña.” (J.A. Xesteira: Contos de familia / Adelaidiña e as cascas de ovos, 2005)

“A vella tiña unha cabra que vivía canda eles e quixo agasallalo aquela primeira mañá polo que lle deu para almorzar unha cunca de leite quente no que ensopara algo de rafa de pan reseso para que amolecese nel.” (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe / O parrulo, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.