Cría da cabra en canto é moi nova e aínda mama
Etimoloxía
Termo derivado sobre “cabra” que vén do latín capra de significado semellante.
Exemplos *
“Talvez agora que vivían tan preto, a menos dunha hora de viaxe, poderían ter un trato continuado, como correspondía entre irmáns. Desde logo recibiríaos cun gran sorriso e esmeraríase para demostrar, unha vez máis, que a súa sona de boa cociñeira era ben merecida. Unha empanada e un cabrito asado no forno de leña bastarían para contentar o irmán.” (Celia Núñez Díaz: Unha verdade amarga, 2017)
“Algunha vez o Antonio e máis el, residentes temporais por mor do traballo, teñen xogado con eles, só por pasar o tempo. Os xoves é o día de partido no pavillón municipal, instalación baleira case sempre, polo demais. Tras do xogo, adoitan ir cear un bo cabrito da casa ao do Fuco de Ardesende.” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.