cachalote

(Physeter macrocephalus) Cetáceo da suborde dos odontocetos de gran tamaño, cor gris escura polo lombo e clara polo ventre, cabeza grande e mandíbula inferior provista de dentes cónicos.

Etimoloxía

Apúntase que se formase a partir de cachola, polo tamaño da cabeza deste animal.

Exemplos *

“Unha media ducia de traíñas de pequeno porte, con tres bancadas e seis homes ós remos en cada unha, cercaban dous cetáceos dos que chaman cachalotes, lanzándolle os seus harpóns de garfos punzantes e ferro denegrido.” (Xavier Queipo: O paso do noroeste)

“O mar era un deserto azul brillante do que, de cando en cando, saía a cabeza negra dun cachalote botando dous chorros pequenos de auga…”. (Manuel P. Rúa: Galicia Internacional 06-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.