cacharro

Bebida composta dunha parte de alcohol e doutra parte de refresco

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o termo “cacho” ‘recipiente’ que derivaba do latín vulgar *cacculu ‘ola’.

Exemplos *

“E entrementres no bareto, os outros esperando, que hoxe hai cea e logo uns cacharros, como todos os venres final de mes, que a algo temos que nos agarrar para non morrer de asco, non?” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

“Non hai cousa que peor sente que acabar o traballo dun día, botarlle o pecho á oficina, saír tomar uns cacharros e presenciar ás doce da noite un accidente.” (Martiño Suárez: La Voz de Galicia, 20-11-2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.