Cabeza do porco despois de despezado.
Etimoloxía
Non se coñece con seguridade a súa procedencia.
Exemplos *
"¡Que arrecendo a chourizo, a cacheira, a grelos!" (Eliseo Alonso: A rúa do noxo)
"Un bo cocido galego ten que levar lacón, touciño, galiña, carne de vaca, de tenreira, dente -a parte de abaixo da cacheira-, garavanzos, patacas, grelos -ou repolo- e hai que deixar que todo ferva lentamente." (Xavier Costa Clavell: Galicia Hoxe 09-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.