Comida que ten como ingrediente principal os cachelos
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “cachelo” e este remite a “cacho” que vén do latín cappulu ‘puño’.
Exemplos *
“A nai da rapaza deume unha boa merenda, xa que matou un polo, puxo unha boa cachelada con chourizos de carne e de cebola, e por riba fíxonos un magosto na lareira.” (Luís Rodríguez Rodríguez: Nas lareiras. Contos d'inverno, de meigas, trasnos e ladrós, 1971)
“Collías a empanada, as sardiñas, unhas cacheladas e alá ías andando, ti concibes...? A San Andrés de Teixido, ás Pontes de García Rodríguez, á feira do Trece, en Xubia... Todo iso desapareceu, meu home", di con voz de queixa.” (Manuel P. Rúa: Galicia Internacional, 6-1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


