cachelo

Pataca cortada en toros, cocida coa pel

Etimoloxía

Palabra derivada que toma como base “cacho” que vén do latín vulgar *cacculus que chega desde o clásico caccabus ‘ola’.

Exemplos *

“Naquela casa comeuse en silencio aquel día, sardiñas asadas con cachelos, e ó acabar necesitaches saír disparado coller o trole número 11, rumbo á outra punta da cidade.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / Con Franco na Zapateira, 2013)

“A "Pulpería A Esmorga" consegue sempre servir polbo no seu punto exacto de cocción. Completa o menú con cachelos, bacallao, carne ao caldeiro, costeletas, sobremesas, bo café de pota e un completa adega de viños galegos.” (Xosé Rey: A Nosa Terra,29-1-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.