Tronco seco ou a medio secar dunha árbore vella / Parte do tronco dunha árbore que sobresae da terra despois de cortada esta
Etimoloxía
O vocábulo é un termo derivado sobre a voz “cacho” que nos leva ao latín capulu, que procede ao verbo capere ‘coller’.
Exemplos *
“Seguín o meu camiño, querendo esculcar se por alí habería algunha cachopa vella onde pasar unha noite acubillado ó seu abeiro. Xa tiña sabido de moitas outras esparexidas por toda a comarca. Non estaba disposto a durmir máis de dúas noites seguidas no mesmo lugar.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)
“Seguiron a retorta canle do Castro, deténdose aquí e acolá , como denantes, nos encoros que facía o río. Pasaron os vellos muíños de Sisalde e viron as luídas londras a rebuldar nos penedos, agochándose de vez en cando nas cachopas dos salgueiros.” (Antón Castro: Vida e morte das baleas, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


