Ourizo cacho
Etimoloxía
Voz formada por “cacho” do latín capulum ‘ramo’ e “ourizo” que vén do equivalente latín “ericius” de significado semellante. O nome científico é erinaceus europaeus.
Exemplos *
“Anque se non trate propiamente de caza, queremos consignar eiquí a captura de dous bechos: o ourizo cacheiro ou cachourizo e o sapoconcho, que os nosos campesiños procuran nas beiras dos ríos e collen coas mans pra ceiba-los nas hortas e que coman os bechos que lixan as colleitas.” (Xaquín Lorenzo: Etnografía: Cultura material (Historia de Galiza), 1962)
“Xoubas, desapareceu o colar da raíña Lisbeth! Gatlock ten só unhas horas para esclarecer o misterio. Canda os seus amigos os paxaros, os cans e o cachourizo, Gatlock non dubidará en lanzarse tras a pista do ladrón.” (Sébastien Perez e Benjamin Lacombe: O roubo do colar da raíña [Tradución de Isabel Soto], 2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


