cachucha

Cabeza do porco despois de despezado

Etimoloxía

Vocábulo relacionado co latino *capula que remite a caput ‘cabeza’.

Exemplos *

“Unha tarde, cando a noite arrimara a porta pero aínda non lle botara a chave, sentados os dous na cociña, sacaba do pote e botaba nunha barreña chourizos, lacón, orella e parte da cachucha.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / As aventuras do Padriño, 2013)

“O Martes de Entroido reparten filloas na Zona Monumental de Lugo, na Estrada (Pontevedra) fixeron unha mostra gastronómica polas mesmas datas, en Laza (Ourense) teñen as tradicionais cachuchas, en Moraña (Pontevedra) as orellas e filloas son o reclamo para a participación no desfile do Domingo de Entroido.” (Fina Casalderrey e Mariano García: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.