Persoa que, amparándose nunha situación social, profesional etc., de privilexio, exerce ou controla o poder político para concederlles favores aos seus protexidos ou a quen se somete á súa autoridade e actuar por vinganza contra quen non o fai / Persoa déspota e autoritaria
Etimoloxía
Adaptación da voz do taíno dominicano cacique ‘xefe indíxena’.
Exemplos *
“O cacique da vila chamábase don Andrés, e non era político por ideas senón por encher de diñeiro as gabetas.” (Daniel Rodríguez Castelao: Os dous de sempre, 1934)
“Don Raimundo Froilán ollounos con fastío e, ó cabo, colleu un dicionario, buscou nel a palabra cacique e leu en alta voz: Persoa que, por razóns políticas, exerce un influxo grande nos asuntos dun pobo ou dunha comarca.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.