Asento individual con respaldo, provisto ou non de brazos.
Etimoloxía
Xorde do latín clásico cathedra, –ae 'asento', que vén do grego kathédra, –as 'que serve para sentar'.
Exemplos *
"Dende a cadeira que ocupaba na terraza da taberna, detívenme nestas apreciacións ata que contemplei no horizonte da praza como Jaroslav acudía apresurado ao meu encontro." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)
"Achegoume as partituras e logo sentou na cadeira de visitas que tiña diante da mesa de estudo." (Alberto Canal: Conexión Tubinga)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.