cadelo

Can pequeno, pola súa raza ou por ser aínda un cachorro

Etimoloxía

Termo que procede do latino catellum de significación parella.

Exemplos *

“O látego xingrou sete ou oito veces e pareceunos oír ouvear o can. Polo visto, o cadelo era o único que lle levantaba a voz a don Giovani.” (Suso Lista: Charamusca, 2017)

“Cando xa me ía ir, nunha mañá raiolenta topei co vello Luís polo camiño da aldea. De alá volvía, o caxato a axudalo, acompañado por unha parella de cadelos cazadores que criara o Xeluco na corte baldeira do meu Ráfaga.” (Xavier Alcalá: Código morse, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.