Conxunto de follas de papel, unidas de diversas formas, que se utilizan para escribir nelas.
Etimoloxía
Procede da forma latina quaternus, singular do distributivo quaterni ‘de catro en catro’, formado a partir de quattor ‘catro’, que eran as veces que se dobraba un folio para obter un caderno.
Exemplos *
"Telmo Rego dixo que o caderno era vello de máis para que se puidese aproveitar e fitoume cando o tomei e o puxen contra o peito." (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
"Alí, riba da mesa, gardada entre as páxinas dun libro, estaba a folla arrincada do caderno e na que, despois do xantar, comezara a escribir un poema." (Paco Martín: A se cadra verdadeira historia de Anxeliño Viltroteira)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.