Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga
Etimoloxía
Termo que se cre que procede dun hipotético *caedoiro que remitiría ao latín cadere ‘caer’.
Exemplos *
“E aquel rebulir e aquel ferver escachou ó xeito de auga en cadoiro, e ducias e ducias de enormes peixes sombrizos abrollaron do mar.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar, 1983)
“Non podían distinguir case nada, pero sabían que moi cerca quedaban un fermoso cadoiro agochado nun silveiral e o comezo da subida das Sete.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.