cadro

Cada unha das partes en que se dividen algunhas obras de teatro, máis pequenas ca o acto, nas que se cambia de escenario

Etimoloxía

Palabra de orixe latina quadrum, -i ‘cadrado’.

Exemplos *

“...aquel fato de xoves de comezos do século , ledos e activos , que organizaban festas e comparsas e cadros de teatro e mil cousas máis para divertir e divertirse .” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

“O cadro primeiro, no que se queima o informe froito da investigación do pasado, apunta á constante temática do fracaso da que está impregnada a obra bolañesa.” (Xosé Manuel Fernández Castro: A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.