cadullo

Estrema dunha leira cando queda sen traballar

Etimoloxía

Palabra que procede do latín capitoliu ‘cabeceira’.

Exemplos *

“—Señor Sidro, se me invita ao almorzo, arríncolle as patacas que quedan sen descubrir nos cadullos e mais nos beirís.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

“Lémbrome dos anos que traballei pra el arreo, dobrado encol da enxada a arrabuñar os cadullos.” (Carlos García Gonçalez-Durão: Ratp / Perdido nos confíns da noite / Parados / Perdido nos confíns da noite, 1981)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.