Recipiente, utensilio ou máquina para facer o café / Recipiente en que se serve o café
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre a palabra “café”, que tomamos do italiano caffe, mais este bebe do turco kahve, que, á súa vez, remite ao árabe qahwah.
Exemplos *
“Eran as súas primeiras vacacións independizado, lonxe dun pai controlador de máis, e estaba acumulando demasiados excesos. Non podía continuar con ese ritmo, prometeuse mentres puña a funcionar a cafeteira.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortes, 2021)
“Púxeno aí para poder velo mentres traballo _comentou Xermán mentres puña unha cafeteira italiana ó lume e miraba de esguello cara ó seu despacho. En efecto, dende a súa mesa tiña fronte a si o salón e o gran cadro.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


