cágado

Larva dos anfibios da orde dos anuros de corpo groso e cola longa.

Etimoloxía

Non está clara a orixe desta voz, probablemente tomada dunha voz prerromana calappacu.

Exemplos *

“Cando saín as xestas quedaban floridas, e as pozas da lagoa cheas de cágados e de nenos envorcallados en lama xogando ás agachadas entre o funcho e a espadana.” (Cándido Pazó: Raíñas de pedra)

“… aínda que creo que as augas do regato non teñen ningunha virtude recóndita, procuro evitalas, non vaia ser que escorregue ao querer ver se aínda hai cágados …” (Xosé Luís Martínez Pereiro: As irmás bastardas da ciencia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.