caguelo, -a

Persoa de pouco ánimo ou valor

Etimoloxía

Vocábulo coloquial que se forma por derivación sobre o verbo “cagar” que remite ao equivalente latino cacare.

Exemplos *

“"Vai haber as de Deus", dicía o Amador, que era o mais caguelas de todos. "Tranquilo, ho, que non te van comer", animábano os demais en voz baixa.” (Xosé Fernández Ferreiro: A saga dun afiador, 1980)

“Os xornalistas premen respostas. E non saben que lles dicir. O caguelo é importante. E a responsabilidade e os políticos son coma a auga e o aceite.” (Xulio Teixeira Rodríguez: As vidas do río, 2024)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.