caguiñas

Persoa medorenta, covarde

Etimoloxía

Voz derivada mediante sufixación apreciativa sobre o termo “cagar” do latín cacare de significado semellante ao actual.

Exemplos *

“Hai caguiñas que fan canto lles mandan e obedecen aínda que sexa fungando, e os máis bestas ouvean igual que os cans cando os escorrentan a pedradas.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“—Está ben, o seu curmán será unha bicha, pero vostede non é un caguiñas de todo.

—Ai non, ho, xa se viu. Teño máis medo ca un coello sen tobo.” (Isy New -pseudónimo de Isidro Novo-: Por unha presa de machacantes, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.