Variedade de uva tinta lixeiramente aceda, cultivada no Ribeiro e noutras comarcas, que lle dá ao viño un sabor agridoce. / Viño que se obtén dela.
Etimoloxía
Indícase a posibilidade de que puidese proceder do latín caninus, -a, -um ‘do can’, debido á súa acidez.
Exemplos *
“Porque el tiña de sobras coa barca e co río, coa súa pequena horta, coas súas galiñas, cos seus soutos de castañas, coas súas viñas de suave e engaiolante caíño, cos seus eidos que agora lle traballaban “a medias” porque el xa non tiña forzas.” (Xosé Fernández Ferreiro: Morrer en Castrelo do Miño)
“-Por aquí, daquela, non habería viño propio, coma hoxe… – ¡Ca, oh!; soamente algunha cepa de caíño; e comíanselle as uvas.” (Xosé Vázquez Pintor: Os vellos oficios)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.