Establecemento bancario onde se gardan os aforros dos particulares, onde se outorgan créditos etc.
Etimoloxía
Frase formada coa palabra “caixa” que vén do latín capsa ‘caixa redonda onde se gardaban os rolos’ e “aforros” que deriva do verbo “aforrar” que procede do árabe a- árh urr ‘libre’.
Exemplos *
“-Aquí tamén temos o noso pequeno Lehman Brothers coa lea das preferentes e os golfos que as promoveron desde as caixas de aforros e os bancos...” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)
“Os cartos veñen en paquetiños, que os trae o carteiro do Chao, e a miña Carme mete parte na caixa de aforros.” (Xavier Alcalá: Código morse, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.