Variedade de cabaceira que dá un froito grande, arredondado e con moitas sementes, que se usa sobre todo na alimentación de animais
Etimoloxía
Crese que a súa orixe está relacionada cunha raíz prerromana e coa palabra cabaza.
Exemplos *
“Aquí plántanse moitas clases de cabazas. A grande, chamada melón dos cochos ou calacú, coa que se fan as caveiras do Samaín.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012).
“Os Bolechas van ir á festa dos Calacús que fan na escola e teñen que levar cadanseu calacú.” (Pepe Carreiro: Os Bolechas van á festa dos Calacús, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.