Distancia entre a superficie da auga e o fondo do mar, dun río etc.
Etimoloxía
Deriva do verbo calar, o cal podería vir do latín vulgar calare 'facer baixar', que se remontaría ao grego khaláo.
Exemplos *
"Porto abrigado e seguro, anque de pouco calado, nunha costa na que alternan grandes praias de area fina con altos acantilados e rompentes …" (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar)
"O porto, na proximidade da Ponte do Burgo, xa abandonado polo seu escaso calado, non recibía mariñeiros que animasen aqueles tapados." (Sabino Torres: As tres columnas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.