Anaco de cana apuntado ou rachado, usado antigamente para escribir en papiro, pergamiño etc.
Etimoloxía
A súa orixe está no grego kalamos –ou ‘cana’.
Exemplos *
“E esta era a vitela que tiña diante, o cálamo, e o silencio do Sciptorum, cheo do arrecendo das tintas …” (Xoán Bernández Vilar: No ano do cometa)
“O primeiro dos Códices, baixo o título de A gravidade esdrúxula, consta de 420 (catrocentos vinte) folios numerados, escritos en fermosa letra itala con cálamo gallado e sobre papel liño, a dúas columnas.” (Xesús Rábade Paredes: A palabra secreta)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.