Peza de punto que cobre o pé e parte da perna, por baixo do xeonllo.
Etimoloxía
Vocábulo creado sobre o termo calza que procede do latín vulgar *calcea 'media' que bebe no clásico calceus, –i 'zapato'.
Exemplos *
"Haberá obradoiros de galletas e de confección de calcetíns de Papá Noel." (Elena Silveira: La Voz de Galicia 04-12-2014)
"Tras algún que outro bico e algunha cara de susto, darlles un doce decorado en forma de árbore ou de calcetín de Nadal." (Noemí Rey: Diario da Universidade de Vigo 19-12-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.