caldas

Baños de augas minerais quentes, xeralmente con fins terapéuticos

Etimoloxía

Vocábulo feminino que bebe do adxectivo latino caldus, -a, -um ‘quente’.

Exemplos *

“Logo de visitar ás bruxas locais sen resultado, levou á rapariga a unha moi acreditada que vivía nas aforas de Aquae Celenae, aproveitando, de paso, para dar uns baños nas caldas curativas.” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)

“...logo un "Xardín terapéutico" (este, preto doutras caldas, as da Chavasqueira), onde vai botar areas de distintos grosores e texturas para pasar descalzos por riba delas e probar sensacións distintas.” (Henrique Alvarellos: Galicia Hoxe, 03-03-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.